Viaxe 2018 Bilbao-Atapuerca

19 de Marzo


                      PALENCIA


Un día como hoxe comeza unha viaxe na que vivín moitas aventuras.


Collimos o bus as 7 da mañá na parada do instituto, retrasámonos un
pouco xa que eu regresaba dun campeonato de baile. Estivemos sobre
dúas horas no bus e paramos para descansar un pouco, de novo, volvemos
ao bus e chegamos a Palencia onde fomos visitar
a Igrexa románica de San Martín de Frómista cun guía.
Estivemos unha hora aprox. visitando a Igrexa e aprendendo moito.


      



        
fotos Igrexa San Martín de Frómista                 imagen mía
                                                              
Ao rematar esta visita fomos dando un paseo ata chegar a outra igrexa,
esta é a Igrexa de Santa María del Castillo( Vestigia).  Alí vimos un
espectáculo de luces e sons.
Estivemos arredor dunha hora disfrutando deste espectáculo.


Imaxe relacionada     
igrexa vista dende o lateral                   igrexa vista desde frente

Despois, sobre as 3 da tarde decidimos ir a xantar pola vila de Frómista,
estivemos coma unha hora xantando pola nosa conta e logo volvemos
a xuntarnos todos no bus e fomos ata O Canle de Castela a menos de
30 minutos. Chegamos e baixamos do bus e fomos xunto o guía que
estívonos explicando moitas cousas e ensinándonos o canal.
    
Canle de Castela imaxe propia

Ao rematar a visita ao Canal de Castela dirixímonos de novo al bus e
estivemos unhas 2 horas ata chegar a Bilbao. Xa en Bilbao o autobus
levounos cara o Mirador de Artxanda para ver toda a cidade,
tivemos moita sorte porque puidemos ver algo de neve tanto no camiño
coma no mirador.


         
estatua no mirador                                                                    Foto propia
   
 
Finalmente volvemos ao bus e dirixímonos ata o hotel, chamado Bcool,
eran as 7 da tarde e déronnos tempo libre para ir cear e coñecer Bilbao
ou para quedarnos no hotel. Eu, xunto a tres das miñas compañeiras quedamos
no hotel xa que tíñamos cea e puxémonos a ver Fama A Bailar
 e a falar.




20 de Marzo


Bilbao
Hoxe é un novo día e os profes deixáronnos durmir “bastante”,
quedamos ás 10:30 h na entrada do hotel xa almorzados para ir
dar un paseo por Bilbao vendo a ría e máis a súa
innovadora arquitectura ata chegar ao Museo Guggenheim.


      


Chegamos arredor das 12h ao museo e alí déronos un aparato-guía e deixáronnos libres
polo museo durante dúas horas para visitalo.

           
      
Ao rematar a visita ao museo déronnos tempo para ir xantar.  Eu e as miñas
compañeiras fomos ata un centro comercial que quedaba cerca.
Ao finalizar de xantar volvemos ata o museo para ir a ver a Puppy,
alí xuntámonos todos de novo e sacamos fotos co momumento.

     
   
Máis tarde fomos dando un paseo ata La Alhóndiga, onde visitamos o antigo almacén
recuperado para a cidadanía.


  
La Alhóndiga

Rematamos esta visita e collemos o bus que nos levou ata
o Ponte de Bizkaia.
A actividade que iamos facer era subir ata arriba e ir pola ponte
pero debido ao mal tempo non puidemos e leváronnos nunha especie
de ferry para cruzar o río. Fomos ata a outra vila e demos un pequeno paseo.  


          Imaxe relacionada
 A ponte desde arriba                                    Ponte desde fora

Ao rematar esta visita volvimos ao hotel e déronnos tempo libre e
as miñas compañeiras e eu fomos cear ata o Mcdonald e demos un
pequeno paseo ata o hotel. Na volta Nerea e eu volvimos antes que
tiñamos que ducharnos pero perdímonos e puxemos o Google Maps.
Finalmente chegamos ao hotel.


21 de Marzo


Hoxe tivemos que madrugar, quedamos as 8:30h na entrada do
hotel para dirixirnos
ata o Geoparkea.
Ao chegar dividímos o grupo en dous para facer a visita
paisaxística-xeolóxica e outros baixar cara a praia onde
se rodou Xogo de Tronos. Eu empecei pola visita paixasística
e fomos ata un alto e vimos toda a paisaxe , logo baixamos
á praia e explicáronnos varias cousas. Mais tarde regresamos
e a guía levounos ata unha casa de cofradía onde explicounos
como eran antes as subastas de pescado. Finalmente fomos a
dar unha pequena ruta en barco.


                          















Ao rematar as diferentes visitas fomos xantar e logo collemos de
novo o bus para ir ata á ermita de San Juan de Gaztelugatxe.
Ao chegar fomos primeiro o mirador e logo comezamos a larga
e divertida caminata para poder chegar ata a ermita. Foi un paseo
moi tranquilo e increíble. Ao chegar á ermita fomos dar as tres
campanadas pero en realidade Nerea e mais eu dimos 12.
                                        


22 de Marzo:


Atapuerca


Chegamos a Atapuerca sobre as 11h e fomos ver os xacementos.
Mais tarde visitamos o parque arqueolóxico e os obradoiros de lume,
caza, pintura…


  
                                                                             os xacementos 
                  
Finalizamos a visita aos xacementos e fomos xantar a unha pequena vila,
despois, diriximonos cara Burgos.


Burgos


Chegamos a Burgos sobre as 17h e fomos cara Á Cartuja de Miraflores
onde quedamos co guía. Alí, explicounos todo sobre a cartuja e os cartujanos.


               
                                  
estatua


Rematamos esta visita e fomos ata A Catedral de Burgos.


                                              


Á noite fomos cear ao 100 montaditos e pasamos a nosa última noite.


                         





23 de Marzo:   Último día!!!!


Almorzamos as 9h e logo collemos o bus e fomos ata
O Museo da Evolución Humana.
                     
museo visto desde fora

Ao rematar a visita collemos o bus e paramos nunha área de
servicio para xantar. Logo, dirixiríamos ata a Vila romana
La Olmeda ( mosaicos e recreación da vila)
                     
Chegamos a La Olmeda sobre as 16h. Alí fomos vendo a vila romana cunha guía.



       


Finalmente rematamos esta visita, a última desta increíble excursión,
volvemos ao bus e dirixímonos cara Vigo.
Na larga ruta fixemos unha parada, ceamos, cantamos, bailamos, xogamos,
pero sobre todo durmimos.
E…. ata aquí esta maravillosa viaxe!!!!!!
Esta viaxe para min foi unha das mellores que vivín na miña vida,
apredemos moito e en xeral todo o grupo levábamos moi ben. Derume
moita pena non poder facer a visita ao bosque encantado polo tempo, subir ata
o alto da ponte e a ruta tan corta do barco. Polo demais é xenial!!!
E verdade que pasamos moito frío pero sempre recordarei esta viaxe como
unha das mellores.

                                     

No hay comentarios:

Publicar un comentario