Viaxe 2018 Bilbao-Atapuerca

19 de Marzo


                      PALENCIA


Un día como hoxe comeza unha viaxe na que vivín moitas aventuras.


Collimos o bus as 7 da mañá na parada do instituto, retrasámonos un
pouco xa que eu regresaba dun campeonato de baile. Estivemos sobre
dúas horas no bus e paramos para descansar un pouco, de novo, volvemos
ao bus e chegamos a Palencia onde fomos visitar
a Igrexa románica de San Martín de Frómista cun guía.
Estivemos unha hora aprox. visitando a Igrexa e aprendendo moito.