Exposición #ovigoquenonsorrí
O pasado 7 de febreiro, os departamentos de Historia e Tecnoloxía leváronnos a última hora ata a parroquia Cristo da Vitoria, onde encontrabase una exposición de fotografía.
Nada maís chegar á parroquia, dividíronnos en dous grupos para comezar a ver as fotografías.
Moitos non sabiamos de que ia a exposición así que levámonos unhas sorpresas cando comezamos a ver as fotografías. Recordo que nas fotografías que mais fixeime foi:
- O home rebuscando no cubo da basura: Penso que esta foto foi nunha das que máis me fixei debido a que case todos os días nós, os cidadáns vemos esta situación, é dicir, moita xente rebusca entre os cubos de basura, en búsqueda de roupa, o calqueira cousa que lles sea útil.
- a persoa que aparece durmindo na calle e tapado: A miña opinión é moi parecida a anterior, debido a que esta situación a vemos case todos os días.
A parte destas outras dúas fotografías nesta exposición poidemos ver outras moitas do tema relacionado da pobreza, e dicir, nesta exposición, o seu autor, Aaron quíxonos mostrar as condicións de moitas persoas ao perder o seu traballo, familia..., agora estas mulleres viven na calle.
Algo que puidemos ver é que cada fotografía ten un pe de foto onde explicanos a vida do protagonista ou protagonistas. ´
A miña reacción ante todas estas imaxes foi moi asombrosa, non me parece que nun mundo como vivimos que cada vez avanza mais e mais aínda sigamos tendo estes problemas e que parece ser que cada vez avanzan mais.
Aaron, o autor, logo deunos unha charla un pouco rápida debido a que non quedaba moito tempo, falounos dalgunhas das imaxes e explicounos o que el realmente quería conseguir con todo isto.
En conclusión, esta exposición fixome recapacitar moito acerca destes temas porque son moi duros.
Outras imaxes:
O café. Un almorzo de pé na rúa nesta mañá de choiva. A furgoneta trae cafés, galletas e algo de encontro. Non é o mesmo que o local que nos pechou o goberno municipal en 2013. Sen previo aviso. Disque facíamos feo para os turistas no centro e por iso nos mandaron lonxe. Ser pobre non luce. Pero aquí seguimos, aínda que non se nos mire.
Verónica Cajaraville. Ver os teus fillos dous sábados o mes. Vivir nun cuarto dun piso compartido con tres homes porque é o se pode permitir cunha pensión non contributiva de apenas 367 euros. Pensar que nunca recuperarás os teus fillos sen un lugar onde vivir con eles, sen uns recursos mínimos, e iso xa non depende de ti, polo menos non todo. Porque loitas, das a cara, encontras quen te apoie e acompañe, pero eles seguirán en mans das institucións.
Tarxeta de inclusión? Pasadas dez noites de novo estar sen cama. Deitarse nun caixeiro, nun parque ou nun choupano... o dilema de quen non ten fogar en Vigo. O albergue municipal ofrece corenta prazas, cun máximo de dez días por persoa, e logo a esperar outros dez para volver. Outra lista para o xantar, pero só unha semana consecutiva, logo vai outro comedor social. E así nun bucle infinito do que saír parece máis difícil con cada nova tarxeta. Sabendo que pasado o prazo apenas estarás no mesmo lugar. Que este sitio teña por nome centro de inclusión e emerxencial social non significada nada, só pan e teito durante un breve tempo.
Elisa Pérez. Que lle den o sistema! Solidariedade contra a miseria e o sufrimento.
Organizarse para resistir o paro, a perda da túa vivenda, a falta de alimentos, de cartos para pagar luz e auga, de dereitos que foron recortados. Loitar coas nosas armas para recuperar o camiño devastado pola estafa chamada crise.
No hay comentarios:
Publicar un comentario